BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
Carnota
Museo aberto da historia galega

A prácida e tranquila praia de Carnota

Monte Pindo

Ben que os longos areais e as suaves formas costeiras de Carnota agoiran a proximidade xeográfica das Rías Baixas. Desde a punta de Caldebarcos, deitada ao pé do máxico Monte Pindo, o espacio ecolóxico de Carnota acolle unha variedade importante de especies migratorias. Formando un conxunto único de dunas e marismas cunha lagoa interior, a longa praia, de 5 km de longo e perto de 1 km de largo, é considerada como un dos areais máis fermosos de Galicia. O cadro obsérvase en maxestuosidade desde o panorama de Cubelo, no Monte de Carnota.

A grande praia de Carnota continúa intermitentemente nos limpos areais do Cancelo e do Mar de Lira, onde se encontra o pequeno peirao de Portocubelo. Desde a parroquia de Lariño e a súa acolledora praia pódese ollar o Monte Louro, pétrea península favorita dos veraneantes da veciña vila señorial de Muros.

Pedra que bica o mar

Hórreo

Varios nomes de lugar recordan o derradeiro refuxio da antiga lingua celta galega en formas toponímicas como Carnota, a cal arrela Carn, moi frecuente por toda Galicia, fala de pedras ou terreos rochosos. Condado de Cornatum na Idade Media en propiedade dos Trastámara e dos Lemos, foron destruídas as súas fortalezas nas Guerras Irmandiñas, comezando a adquirir preponderancia a vila de Carnota por volta do séc.XVII.

Hórreo de Carnota, Monumento Nacional

Carnota

Do século posterior, datan os importantes monumentos de Carnota : a igrexa de Santa Comba, o cemiterio, e o hórreo da casa rectoral. A igrexa patronal de Santa Comba, edificada en cantería sobre planta de cruz latina, resistiu o asoballamento das tropas napoleónicas no séc.XIX, quen incendiaron e destruíron o seu valioso arquivo.

Declarado Monumento Nacional, o Hórreo de Carnota e o seu enxebre pombal son un típico exemplo da arquitectura rural galega. Construído en sólida cantería por Gregorio Quintela, o Hórreo de Carnota vén sendo o terceiro máis grande de Galicia, con 34 m. de longo e 11 pares de columnas. Ocupa a primeira praza o Hórreo do Araño, o máis longo do mundo con 37 m de lonxitude.

Na punta de Caldebarcos, fronte ás insuas de Lobeira e Carromoeiro, quedaron para sempre varias naos da Armada española que partían á conquista de Inglaterra en 159

Ligazóns

Hemeroteca