BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
Vimianzo
Corte dos Moscoso de Altamira

Principal rexión megalítica de Galicia

Castelo de Vimianzo

As terras de Vimianzo, centro de Soneira, son extraordinariamente ricas en vestixios da cultura megalítica, salientando 5 antas en diferente estado de conservación:

A Casota de Berdoias ou Casota dos Mouros, sinxela anta perfectamente conservada e utilizada polos pastores como refuxio, ten unha lonxitude de 3 m. e algúns gravados no interior.

A Casa dos Mouros de Baíñas ou Pedra da Arca, entre Vimianzo e Dumbría, é unha das antas máis interesantes de Galicia polo seu perfecto estado de conservación e polas súas grandes dimensións, cun longo corredor de 7 m. de lonxitude e unha tampa de peso estimado de 12 toneladas.

En Arxomil, parroquia de Treos, atópase a anta de Pedra Cuberta, tamén de enormes proporcións, cunha cámara de 6 metros de lonxitude. E un dos principais megalitos do sur de Europa por mor da descoberta en 1934 dunha extraordinaria decoración pictórica no seu interior, realizada en cores vermella, negra e branca, en forma de liñas onduladas e circos concéntricos.

Outras antas a destacar son a de Serramo, que conserva unha cámara poligonal de cinco chantas, e a Pedra Moura do Monte Cárneo, da que restan un total de 5 chantas e unha das tampas.

Corte dos Moscoso de Altamira

Batáns de Mosquetín

Un dos mellor conservados castelos de Galicia, a fortaleza de Vimianzo, edificada no séc.XIII, foi a maior construcción da poderosa linaxe dos Moscoso, onde os nobres residiron ata seren alonxados de Galicia por orde dos Reyes Católicos. Derrubado nas Guerras Irmandiñas e posteriormente reconstruído, o castelo foi tamén prisión de inimigos dos belixerantes Moscoso, de entre os máis célebres o Arcebispo Alonso de Fonseca II.

A fortaleza de Vimianzo é actualmente museu aberto que contén unha estimable descripción etnográfica.
As terras de Vimianzo gardan outros importantes monumentos arquitectónicos, como o nobre Pazo de Trasariz, do séc.XVIII, antiga propiedade dos Caamaño, clan de Noia que xa aparece no tempo do Reino Galaico-suevo.

Moito que ver

Pedra da Arca

Igualmente, compre destacar construccións relixiosas como a Igrexa de Baíñas, citada no testamento de Urraca de Traba en 1199, a igrexa de Serramo, que garda a cruz de prata máis antiga de Galicia, do séc.XII, e a igrexa de Tines, onde se descobreron unha importante necrópole baixo medieval e a Estela de Victorinus, do séc.IV, primeiro testemiño escrito da presenza do cristianismo en Galicia.

Perto de Baio encóntranse os Batáns do Mosquetín, conxunto de alto valor etnográfico onde antigamente se trataba a lá, industria que aínda se conserva nas terras de Zas.

Ligazóns

Hemeroteca