BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Acordo para a apertura da pesca.

Os mariñeiros de Vigo puxeron término ao encerro de onte ao chegar a un acordo coa Xunta respecto das axudas. Así, mariscadores a flote, traballadores de lonxas con pouca actividade e patróns que colaboraron nas tarefas de limpeza cobrarán a paga completa do mes de febreiro; os mariscadores a pé cobrarán media paga.

Por outro lado, 16 confrarías das rías Baixas aceptaron o plan da Xunta para abrir a pesca o vindeiro mes de marzo. Os pósitos cambiaron de opinión logo de que as análises sinalaran que o fuel non afectou ao interior das rías e polos altos prezos acadados polo marisco e pescado galego. De feito, as confrarías queren incluso que se amplien as artes inicialmente propostas pola Xunta.

Hemeroteca