BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Apertura da pesca para o día 17, agás na Costa da Morte

O Goberno anunciaba, logo dunha xuntanza do ministro Arias Cañete cos conselleiros de pesca de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, a apertura da pesca para o día 17 en todo o litoral afectado pola marea negra do Prestige, excepto na Costa da Morte, aínda afectada pola presencia do chapapote.

A medida, que afectará a tódalas artes menos o cerco, tomouse por sorpresa e sen o acordo previo pactado coas confrarías; pois o obxecto da reunión dos conselleiros era, en principio, o de decidir a renovación do acordo con Francia para o reparto da anchoa.

Hemeroteca