BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 11/11/2019
Máis do 77% da pesca entre Corrubedo e Cedeira non é apta para o consumo

Según un informe elaborado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO), entre o 77% e o 80% das capturas entre Corrubedo e Cedeira están contaminadas polo chapapote.

A isto haille que engadir o avistamento de novas manchas de fuel fronte as costas galegas, as máis próximas a menos de 90 quilómetros das rías Baixas, cubrindo unha área de dez quilómetros por 300 metros, e que según a Xunta parece que desapareceron por arte de máxia.

A situación no litoral non parece moito mellor, se nos remitimos as imaxes de satélite da Axencia Espacial Europea.

Quizais as Autoridades deberian reconsiderar a súa política de volta a toda costa á normalidade, nunca mellor dito, que podería convertir a sombra do Prestige en moito máis negra e longa do que xa é.

Hemeroteca