BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Segue a chegar chapapote, cada vez menos voluntarios e os militares marchan

A asociación ecoloxista Adega advirte que segue a chegar fuel á Costa da Morte. Denuncia, así mesmo, que dende a administración estase a "desmantelar" o voluntariado, limitando a súa entrada e os recursos, ou incluso rexeitándoos; eso si, transferindo as tarefas de limpeza a empresas privadas, que na maior parte dos casos usan hidrolimpadoras, incumprindo os protocolos para este tipo de traballos.

Por outro lado, os militares marchan do concello de Muxía, co que os voluntarios quedan sen medios de transporte para acehegarse aos puntos de traballo.

Os propios voluntarios e mariñeiros explicáronlle estas cuestións ao xogador da NBA Pau Gasol, que quixo solidarizarse co voluntariado e visitou as vilas de Muxía e Camariñas.

Hemeroteca