BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Coristanco
Terra da mellor pataca do mundo

Unha terra verde

A vexetación forestal cubre a maior parte dos montes e vales de Coristanco, verdes solos constantemente regados por pequenos regatos que nutren ao Anllóns con augas procedentes da meseta de Santa Comba, cara onde se encontra o lendario espacio natural da Lagoa de Alcaián e as antigas minas de caolín e wolfram dos Montes do Couso.

Coristanco ofrece axeitadas condicións para a práctica da caza e da pesca, actividade esta última moi popular no refuxio de Verdes, área recreativa formada por varios muíños enxebres rehabilitados como merendeiros.

Verxel de Bergantiños

Verdes

Frondoso país ensalzado por Eduardo Pondal, Coristanco é unha terra fértil e escasamente poboada en lugares pequenos e dispersos. Coñecida outramente como graneiro de Galicia, a economía de Coristanco oriéntase á producción pataqueira, sendo estas terras a capital galega deste tubérculo. Este producto importado de América, que veu substituir á castaña na dieta principal dos galegos, é correspondentemente ensalzado na Festa da Pataca, celebración anual organizada en San Roque, principal núcleo de poboación xunto Agolada, de importante feira o primeiro domingo de cada mes.

Monumentos históricos de Coristanco

Construción

Emprazada no lugar de Montecelo, na parroquia de Oca, a Ponte de Lubiáns une as terras de Coristanco e de Carballo, separadas polo Anllóns nunha natural e prácida paraxe moi indicada para o repouso e para o disfrute da pesca. Probablemente orixinaria da baixa Idade Media, a ponte ten seis metros de altura e conserva unha vella estrada de lousa.

No lugar de Nogueira, na parroquia de Seavia, encóntrase unha interesante torre gótica do séc.XV, resto dun antigo pazo que amosa os brasóns dos Moscoso e dos Bermúdez, señores da bisbarra. Na igrexa de Seavia, que conserva restos románicos da primitiva construcción, existira un pequeno mosteiro benedictino, probablemente vencellado ao clan dos Traba.

Ligazóns

Hemeroteca