BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
Un primeiro pago do 15% das perdas para os damnificados polo Prestige

O Fondo Internacional de Indemnización de Danos debido a Hidrocarburos (Fidac) estima que o desastre do Prestige causou perdas, logo de 6 meses, por 1.000 millóns de euros (745 en España, 193 en Francia e sobre 60 en Portugal).

O Fidac ten fixada unha cantidade para compensación de danos de 171,5 millóns de euros, dos cales 24 terán que ser aportados pola aseguradora do petroleiro. Cos 147,5 millóns restantes, o Fidac acordou no día de onte realizar un primeiro pago, o que representaría un 15% do total de danos estimados.

O comisionado do Goberno para o Prestige, Rodolfo Martín Villa, adiantou tamén que no sector turístico as indemnizacións só chegarian a cubrir un 30% das perdas como máximo.

Hemeroteca