BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
A maioría das praias da Costa da Morte aínda non están aptas para o baño

Segundo un estudio realizado entre os días 17 e 18 do presente mes por biólogos e naturistas de Erva-Ecoloxistas en Acción , o 90% das praias da Costa da Morte presentan diversos grados de contaminación logo de seis meses do afundimento do Prestige e non serían áptas para o baño.

Os ecoloxistas advirten tamén que, dada a alta presencia de fuel nos fondos mariños e que este aínda segue a saír do pecio, é de esperar que o fuel siga chegando aos areais nos vindeiros meses. A isto hai que sumarlle a presencia de grosas capas de chapapote baixo a area, polo que a axuda dos voluntarios segue sendo moi necesaria; aínda que dende a Xunta se pense o contrario.

Hemeroteca