BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Peor o remedio que a enfermidade

Xa fai tempo que vimos denunciando que a maior parte das praias da Costa da Morte aínda non está aptas para o baño. A solución aportada polas autoridades é sustituír o pacente e minucioso traballo dos voluntarios polo máis contundente, aínda que debastador, da maquinaria pesada.

Os traballos de limpeza de moitas das praias da Costa da Morte estanse a facer sen cumprir os protocolos de actuación do Ministerio do Medio Ambiente, abusando da maquinaria pesada e sen a máis mínima sensibilidade medioambiental. De feito, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) ven de denunciar a desaparición dunha praia de coídos en cabo Touriñán (Muxía), preguntándose se esto garda relación coa construcción da piscifactoría de Pescanova nesa zona.

Hemeroteca