BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
A actividade do cerco reanúdase en dúas zonas da Costa da Morte

A partires do día de hoxe a flota de cerco poderá volver a faenar dende Punta Langosteira ata Punta Razo; e dende Punta Insua (Faro Lariño) ata Cabo Touriñán.

Na Consellería de Pesca afirman que se tomou esta decisión logo de consultar co propio sector, que xa se mostrara maioritariamente partidario á reapertura, e logo de que as máis de 120 prospeccións realizadas nos fondos mariños nestas zonas garantiran a seguridade sanitaria.

Hemeroteca