BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
A extración do fuel non comezará ata a primavera do 2004, cando menos

O vicepresidente de Repsol, Miguel Angel Remón, anunciou para este verán as primeiras probas con "bolsas lanzadeiras" para extraer o fuel que aínda queda no Prestige; un sistema que xa atopou detractores entre algúns expertos, que afirman que é inviable, tal e como mostra o artigo que nos remitiu Francisco Moreno Meco, enxeñeiro, científico e investigador en materia e enerxía. 

En calquera caso, se o "test" resultara positivo, entre que se encargan e construen as bolsas e se esperan as boas condicións meteorolóxicas, a extracción do fuel non comenzaría antes da primavera do 2004.

Se as probas foran negativas, Repsol optaría pola segunda das alternativas: confinar o pecio nunha marquesiña de aceiro para recoller o fuel por saídas feitas a tal fin, unha opción absurda en opinión do científico Francisco Moreno.

Hemeroteca