BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
23.000 Tn., menos ou máis

Logo do último selado de fendas realizado por Repsol, empresa encargada de extraer o fuel do pecio, os técnicos da petroleira afirman que os restos do Prestige están a solatar uns 20 quilos diarios de fuel, á vez que confirmaron que as primeiras probas para extraer o fuel comenzarán en quince días. Asimesmo, dos estudios realizados por Repsol estímase que quedan 13.800 Tn. nos depósitos, co que a cantidade realmente verquida foi de 63.000 Tn, 23.000 Tn. máis das que no seu día indicara o Goberno.

A significativa diferencia ven, ao parecer, de que o comité científico do Goberno considerara que os tanques centrais aínda contiñan fuel, cando, en realidade, estes soltaron case toda a súa carga durante o afundimento. De feito considérase que foi neste momento cando o Prestige verteu o 73% do fuel.

A Oposición aproveitou esta contradición entre as cifras "oficiais" e as de Repsol para aludir ás "mentiras" do Goberno e á súa intención de ocultar a verdadeira magnitude da catástrofe. Como resposta, o Executivo dubida agora de que o petroleiro transportara 77.000 Tn., tal e como indica o certificado de carga expedido no porto letón de Ventspill, e suxire por boca do comisionado de Fomento, Francisco Alonso, que a cantidade podería ser inferior.

Así pois, e tendo en conta a cantidade recollida, un tercio do verquido podería estar aínda "perdido" no mar. Aínda atinou Fernández de Mesa, delegado do Goberno en Galicia, cando dixo aquelo de que "hay una cifra clara, y es que la cantidad que se ha vertido no se sabe".

Hemeroteca