BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
O TEMPORAL DO NORDÉS DESCUBRE QUE HAI CHAPAPOTE DEBAIXO DA AREA

O TEMPORAL DO NORDÉS DESCUBRE QUE HAI CHAPAPOTE DEBAIXO DA AREA

Nestes momentos hai aberta unha comisión de investigación sobre o Prestige, aínda que son moitas as voces que din que xa non ten sentido, xa que o do Prestige xa pasou, pero os ecoloxistas levan meses dicindo que aínda non está todo solucionado, e agora resulta que os ecoloxistas volven a ter razón.

O concello de Carnota é un dos poucos onde aínda hai voluntarios limpando nas rochas, xa que hai aínda coidos que limpar e agora supoñemos que alguén poñerá medios para eliminar este fuel.

TRANQUILIDADE PARA OS TURISTAS

Estas capas de fuel non afectan á visita ás praias, xa que son zonas localizadas, e polo de agora só aparecen na superficie nestas dúas praias

Hemeroteca