BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Caión - Laracha
Onde o mar de Bergantiños comeza

Porto marítimo nas terras de Laracha

Caión

A típica vila mariñeira de Caión foi citada polo Licenciado Molina na súa Descripción del Reyno de Galicia no séc. XVI como importante porto baleeiro do país: na pequena enseada do peirao descargábanse os corpos dos cetáceos, dos que se aproveitaban o seu aceite e os seus ósos.

Moito que ver

Paseo marítimo

O Atlántico bate de seguido ao pé das casas desta parroquia que conserva vestixios arquitectónicos da súa anterga importancia : a blasonada Casa do Conde do Graxal, e mais a igrexa prateresca de San Xurxo e os restos do convento de Santo Agostiño, fundado no séc.XVI por Fernando Bermúdez de Castro.

Os numerosos areais espallados polas costas do porto de Caión son punto de encontro turístico estival: as praias do Caracoleiro e de Barrañán contan con condicións favorables para a práctica do surf, e encóntrase tamén nas inmediacións o fermoso espacio natural de Baldaio. Con motivos non tan lúdicos, a capela de Nosa Señora dos Milagres reúne a devotos de toda a comarca na tradicional e piadosa romaría celebrada cada mes de setembro. Caión é o lugar de peregrinación por excelencia de Bergantiños.

Máis que mar

Feira de Paiosaco

A proximidade da vila da Coruña condiciona a economía das terras de Laracha, de grande actividade e producción agropecuaria, abastecedora dos mercados da grande cidade do Arco Ártabro. Na feira de Paiosaco concéntrase igualmente grande parte das transaccións do sector primario da comarca, especialmente de Culleredo, Cerceda e Carballo. Son productos de sona destas terras a cebola de Caión, de gran calidade e longa conservación, e mais as deliciosas cereixas de Paiosaco.

Asimesmo non debe de deixar de visitar o Mosteiro de Soandres.

Ligazóns

Hemeroteca