BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 16/12/2017
COMUNICACIÓNS

TERRESTRES

As principais vías de entrada proceden da Coruña (autoestrada Coruña-Carballo A-55 e Comarcal Coruña-Fisterra 552) e de Santiago (Comarcal Santiago-Fisterra 550, e Comarcal Santiago-Baio 545). Existe unha axeitada rede de gasolineiras na Costa da Morte, tendo a maioría delas supermercado e lavadoiro de autos.

O servicio público de transporte na Costa da Morte está xestionado por Autocares Finisterre, tel : (981) 22 63 95. As principais vilas posúen servicio de Taxi. As estacións de camiño de ferro máis próximas son Santiago de Compostela (981) 52 02 02 e A Coruña (981) 15 02 02.

MARÍTIMAS

Hai 14 portos axeitadamente equipados para o atraque de embarcacións deportivas: Barizo, Caión, Camariñas, Camelle, Cee, Corcubión, Corme, Fisterra, Laxe, Malpica, Muros, Muxía, O Pindo e Portocubelo.

AÉREAS

AÉREAS

Os aeroportos máis próximos son o Aeroporto Internacional de Lavacolla (981) 59 74 00, proveendo comunicacións regulares con Buenos Aires, Nova Iorque, Frankfurt, Xenebra, Zurich, París, Bruxelas, Londres, e as principais capitais do continente americano e europeo. O Aeroporto de Alvedro en A Coruña (981) 18 72 00, ten liñas regulares con París, Madrid, Londres e Barcelona.

DIXITAIS

Diversos satélites cubren perfectamente a comarca para envío e recepción de correo electrónico mesmo desde o mar. Videoconferencia posible con requirimentos previos. Hai lagoas na telefonía móbil e o acceso a redes non é posible desde telefonía fixa con track.

Actualizado: Nov. 98.

Hemeroteca