BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 22/11/2017
AS SúAS XENTES

POBOACIÓN E IDIOMA

Habitada desde hai miles de anos, a antiga lingua céltiga galaica deixou forte pegada na toponimia e na fala das xentes de estas comarcas. Zona de riquísimo acento só comparable -especialmente en áreas de Xallas e Soneira- ao do norte de Portugal, son características destas terras os fenómenos da gheada e do seseo, formas de perfecto e imperativos arcaicos e léxico con forte compoñente céltico. Hai presencia de elementos xermánicos fundamentalmente na toponimia.

NAUFRAXIOS

NAUFRAXIOS

Todo o tráfico marítimo entre norte e sur de Europa navega polas augas da Costa da Morte (en 1994 cruzaron 10.588 mercantes enfronte das costas de Fisterra). Os temporais atlánticos e o litoral accidentado e rochoso convertiron á Costa da Morte, en épocas de deficiente sinalización marítima, no maior cemiterio do mundo de barcos de todo tipo e bandeira : o naufragólogo José Baña ten contabilizado entre 1870 e 1987 un total de 200 naufraxios con perto de 3.000 víctimas mortais.

HISTORIA

Os restos do megalítismo atlántico desde hai 6.000 anos (túmulos, dólmens ou mámoas que preceden en 1000 anos ás pirámides de Exipto) e petroglifos achados en grande número testemuñan o antigo poboamento destas terras, onde desde o bronce final estaba instalada a touta céltiga dos Nerios e Brigantinos.

No Reino Galaico-Suevo da baixa Idade Media estas terras dependeron en parte da Diócese de Iria, e na alta Idade Media foron terras do poderoso clan dos Traba de Tras-Tamara, rexedores do Reino de Galiza. Da casa dos Traba xurdiron posteriormente diferentes liñaxes, entre elas os Moscoso de Altamira, que herdaron dos Traba os feudos da Costa da Morte. O periodo medieval foi de grande prosperidade e liberdades no Reino de Galiza, debido tanto á preponderancia política e cultural do Reino como ao intenso comercio medieval mantido con toda Europa. Exite unha tradición de comercio co mediterráneo e toda a franxa atlántica que arrinca dos tempos prehistóricos.

Debilitada a nobreza galega tras as Guerras Irmandiñas, os Reyes Católicos anexionaron Galicia ao Reino de Castela no séc. XV, integrando as comarcas nas provincias de Santiago e Coruña, con lindes que mudaron no tempo.

Nos Séculos Escuros, as xentes do Finisterrae soportaron levas militares e abusivos impostos para financiar as guerras do Reino de España, o comercio marítimo con América e Europa foi prohibido, os montes foron deforestados para construir as Armadas españolas e a cultura galega foi censurada. As xentes, sen embargo, seguiron conservando unha cultura milenaria que chega ata os nosos dias.

No albor do séc.XIX, no rexurdir do sentimento e cultura galegas, diversas personalidades adheriron o levantamento militar de 1848 pola Autonomía de Galicia, que rematou traxicamente cos fusilamentos dos Mártires de Carral. Igualmente, a Costa da Morte veu nacer grandes figuras do galeguismo, como Alfredo Brañas, Eduardo Pondal ou López Abente.

Hemeroteca