BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 22/11/2017
A INTRODUCIÓN DO CASCO METÁLICO NOS BARCOS

Por: José Ramón Insua Trava

A introdución de cascos de ferro doce e aceiro a finais do século XIX, produciu un incremento dos naufraxios marítimos tanto na Costa da Morte como noutros sitios até ben avanzado o século XX. Tal feito atraeu a atención dos enxeñeiros navais, físicos e capitáns de barcos. Así se introduciu nas Escolas de Naútica a materia de corrección de rumbos polas interferencias do campo magnético terrestre e o orixinado no armazón metálico do buque, interferencias que producían erros nas marcacións da agulla magnética do compás. Se a isto unimos a declinación magnética e a non fixeza do polo norte xeográfico e sur magnético, concluiremos que os cascos metálicos introduciron, ao principio, unha maior inseguridade na navegación que a que xa tiñan os antigos cascos de madeira. En definitiva, nada novo. Todo progreso cobra as súas vítimas.

Un feito veu a corroborar a certeza do afirmado: O descubrimento dos compases xiroscópicos que marcan sempre o Norte Xeográfico e que son independentes de todo tipo de liñas magnéticas. Grazas a eles, as citadas correccións son innecesarias. Inventáronse hai 25 anos e desde entón, os naufraxios descenderon sendo grande o tempo transcorrido entre a súa aparición e a dos primeiros buques metálicos. Aínda que os accidentes no mar prodúcense por múltiples causas, a pouco que se compare o aquí exposto coas explicacións de tales naufraxios en base a vacas iluminadas, resultará claro o vasto destas.

Hemeroteca