BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
Cabana de Bergantiños
Museo aberto da historia galega

Borneiro, un dos primeiros castros galegos

Dombate

A Cibdá Celta de Borneiro, descuberta en 1924 por Isidro Parga Pondal e Pérez Bustamante, é un dos máis antigos asentamentos de poboación conservados en Galicia. Construído cara o séc.VI A.C., o castro amosa as típicas características do primeiro hábitat dos galegos.

A citania, emprazada na aba leste do outeiro, está defendida por foxos e muros dunha extensión de 90 m. de longo por 55 m. de largo. A croa garda máis de 36 habitacións en formas ovoidais e rectangulares, con mínima separación entre as construccións. Entre o fungar dos piñeiros pondalianos, no fondo do val, albíscase o mar no que se encontra o espacio natural do Monte Branco, en terras de Ponte-Ceso.

Ao pé do castro verde,
ben os mira pasar ;
que en masa escura e informe
axuntados están,
e na nativa costa
os escoita fungar ;
parécelle que soan
intrépido compás,
cuida que do combate
murmuran o sinal ;
en escadrón formados
cal xente de Breogán.

Eduardo Pondal

Dombate, símbolo de Galicia

Cabana

Situada na parroquia de Borneiro, no concello de Cabana de Bergantiños, a Anta de Dombate foi poeticamente homenaxeada polo Bardo Pondal como símbolo da perenne historia de Galicia:

Entonces eu deixando ambas rendas flotantes,
penoso iba cuidando, pla Viqueira salvaxe,
nos nosos xa pasados, nos celtas memorabres,
nas súas antigas glorias, nos seus duros combates,
nos nosos vellos dolmens e castros verdexantes.
E despois a Nemiña, ou que fose ou tornase,
ó velo desde lonxe indo pla gandra adiante,
sempre ledo excramaba : O dolmen de Dombate!

Ademáis contamos coa paraxe da barra do Anllóns

Castro Cidá Borneiro

Cabana conta con un dos paraxes máis fermosos da Costa da Morte, e pode conmtemplarse en todo o seu explendor desde o mirador natural do Monte Branco.

É un dos monumentos megalíticos galegos mellor conservados ; formado por unha tampa de 4 m. de largo e 7 chantas verticais de 3 m. de alto, está datada arredor do ano 3000 A.C., entre finais do Neolítico e a Idade do Cobre. Acháranse no seu interior numerosas inscripcións onduladas e policromadas de excepcional importancia, consideradas por algúns arqueólogos como das máis importantes da pintura megalítica en Europa.

Foran daquela igualmente achados dúas ducias de ídolos en forma humana, aliñados na entrada da anta con evidente significación relixiosa. 5000 anos após o erguemento da Anta de Dombate, a vida espiritual das terras de Borneiro tornou cara á capela de Nosa Señora do Carme e cara aos 8 cruceiros espallados pola parroquia, unha pouco frecuente concentración destas simples construccións, algunhas delas de arcaica feitura.

Ligazóns

Hemeroteca