![]() |
![]() ![]() |
|
A Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago e o Web Costa da Morte, abren un espacio na rede para dar a coñecer esta posibilidade de chegar a coñecer este emblemático lugar chamado Fisterra.
Esta alternativa que lle ofrecemos percorre unha das zonas máis fermosas e virxes de Galicia, na que poderá ver dende entornos absolutamente urbanos, pasando polas terras gandeiras máis productivas da zona, ata a costa máis brava e misteriosa. Poderá tamén botarlle unha ollada ó pasado, xa que os monumentos, pontes, igrexas, cruceiros, dolmens, ou mesmo pedras fitas están presentes durante toda a viaxe. Outro dos atractivos cos que conta esta viaxe son as suas xentes, este é un feito que recomendamos sexa experimentado, xa que se se decide a percorrer este camiño non debe deixar de falar coas xentes, e dese xeito poderá notar as diferencias entre o carácter do interior e o do litoral (así como a abundancia de eucaliptos, que tamén aumentan no seu número cando nos aproximamos á costa, sic...). Gracias á colaboración da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, que nos entregaron en bandexa todo o seu coñecemento do camiño (que non é pouco), gracias ao Concello de Fisterra pola súa colaboración, e a Xan Fernández Carrera por algunhas das fotografías do camiño, este web está na rede para uso e disfrute de todos vostedes, polo cal esperamos que así sexa, e lles sirva este espacio como guía para realizar esta impresionante viaxe. ADIANTE, E RECORDE QUE...
NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER |
|||||||||
Para subscribirse o boletín
de finisterrae.com:
|