|
|
Redacción
Na XV Mostra explicaransen e demostrarasen as cualidades do barro, o seu manexo, a creación completa de unha obra. Cada día un ou máis oleiros elaborarán a súa obra diante de todo o público que desexe aprender e coñecer esta arte, a vez tradicional e a vez novedosa; arte creativa, ao fin, en cada unha das pezas que se elabora. Asimesmo, o programa ofrécenos outras moitas posibilidades abertas para todos os públicos. Así teremos roteiros guiados polos rueiros de Buño para coñecer o mundo da Olería que escomenzan a primeira hora da tarde; concertos de música tradicional todos os días ás doce e media do mediodía; artistas da rúa e concertos de música folk. Hai que destacar, tamén, a organización do "I Festival de Ruadas de Bergantiños" que levará a cabo a "A.C. Raigañas". A Mostra do ano pasado xa se deu a coñecer
a través das páxinas que a nosa empresa lle adicou. Esas
páxinas, a súa estructura e a súa imaxe, levará
un cambio definitivo este ano. Os oleiros de Buño decidiron crear
este ano a súa imaxe corporativa. Unha imaxe nova que os relance,
que os redefina e que os proxecte a cada vez a máis público,
a máis espacios, máis lonxe e mellor. Así que se Vostede
quere recordar o esquema do ano pasado non deixe de visitar as páxinas
da XIV Mostra. Pero se quere entrar de cheo
nas novas aportacións, nos novos diseños acerquese
a XV Mostra que comenza xa. Non quedará defraudado. Este ano, máis
que nunca, estamos para superarnos
AVISOS: Debido ao éxito das Xornadas Gastronómicas
da Costa da Morte celebrarase unha nova xornada da langosta e do lubrigante
na segunda quincena de agosto.
|
|