|
|
Redacción
"DESCUBRIENDO MILENIOS" é un programa formativo que contempla un total de 52 conferencias de variedade temática: xeografía, historia, turismo, patrimonio, etnografía, cultura, medio-ambiente, gastronomía, etc., cada unha delas distribuídas polos doce concellos nerios, e impartidas por expertos da categoria de Felipe Senén, Manolo Rivas, Xosé Maria Bello ou mesmo Xosé Maria Lema Suárez. O obxectivo primordial é o de realizar un profundo diagnóstico destas comarcas e busca-la autoidentificación dos veciños, ademais de converter o noso territorio nun foro de saber e de coñecemento, para remexer nas nosas peculiaridades e analisa-lo futuro que se nós presenta, sacando conclusión propia e adaptadas a realidade destas terras. Paralelamente a esta rota de charlas semanais e que se prolongarán ininterrompidamente durante todo un ano, varios investigadores traballan nun estudio histórico, que servirá para a realización dunha grande base de datos comarcal que estará o dispor de paisanos e visitantes a nivel impreso e informatizado. Durante cada charla, a empresa encargada de coordinalo programa INGESC, Ingeniería y Gestión Culturales, está a entregar un dossier informativo, cos datos máis relevantes de cada un dos temas de cada disertación para ir sensibilizando os asistentes ós actos. INGESC, tamén elabora un arquivo fotográfico dixitalizado e facilitará o acceso ás novas vías telemáticas, entre outras iniciativas de "descubriendo milenios". Estamos sen dúbida ante un plan que deixará
unha fonda pegada neste ámeto xeográfico e que supón
unha aposta forte, pola defensa do patrimonio e do pasado, como unha das
mellores ferramentas para construilo futuro, e que está mobilizando
a un sector importante da poboación e acadando a atención
de diferentes medios de comunicación.
|
![]()
|