|
|
Xosé Manuel
Lema
Cando hai aproximadamente tres anos o viciño de Vimianzo, Eliseo Vázquez Barbeito decidiu crear unha granxa de avestruces, moitos dubidaron da súa viabilidade económica, xa que o descoñecemento sobre esta ava exótica era moi grande e, en pouco tempo, situou a Granxas Lumon como a primeira empresa galega neste sector, posuíndo actualmente a metade do censo autonómico de avestruces.
Unha das xerentes e filla do propietario, Montse Vázquez, contounos que as avestruces teñen un prezo bastante alto, xa que un macho reproductor estase pagando a 700.000 pesetas e un polo de tres meses por riba das 100.000, en contraposición, a parte positiva radica en que todo é aproveitable na ave corredora: unllas, plumas, ovos, carne, pestanas, pel e ata as graxas se poden comercializar con seguridade. A súa carne forma parte dos menús de moitos restaurantes de Santiago, Coruña ou Vigo e distribúese por toda España e en países coma Francia. Granxas Lumon agarda os trámites burocráticos para poder escomezar a sacrificar especies no matadoiro comarcal da Costa da morte. Nestes momentos contan con 225 aves, que se alimentan de pienso, fariña de millo, herba ou verdura, e teñen unha esperanza de vida media de setenta anos. A iniciativa xa callou na terra de Soneira e o viciño Lema Rodríguez pagou máis de 1.200.000 pesetas para adquirir unha ducia de avestruces, converténdose deste xeito no segundo criador da comarca. Outro dato a ter en conta, e que pode ser unha grande nova a curto prazo, son os estudios hematolóxicos e bioquímicos, realizados este verán por parte dun centro de investigación, co fin de determinar se hai órganos que se poidan transplantar a seres humanos, despois de serlle extraidos ás avestruces. Os médicos basean a sua hipótese
na coincidencia do tamaño dos órganas e na sua lonxevidade.
O que está claro é que isto trátase, desde o punto
de vista empresarial, dun sinónimo de boa vista industrial dun home
da terra de Soneira e un atractivo turístico máis, que se
suma aos non poucos cos que goza esta terra brava.
Fotomontaxe: WCM |
|