Coast of Death  
Costa de la Muerte   
Côte-de-la-Mort  
Küste von Tod 
 
 
 
 
 
 
Agradecementos e desexos

  
O noso máis especial e recoñecido agradecemento a:  

Alberto Ferreiro, Maria Castro,  Héctor Pose, Daniel Romero, Josefa Rodríguez, José Manuel Cancela, Maria do Carmo Pardiño Rial, Manuel O' Rivas, Isidro Rodríguez Ponte, Hadrián Canosa, Cécile Laborde, Lola de Collazo, Xan Fernández, Moncho Brañas, Susa de Xaviña,  Ramón Allegue, Fuco O´ Soer, Manuel O´ Camba Môr, Aurelio, Eduardo Pondal Abente, Maria Eugenia Serrano Velasco, Fernando Garea Vidal,  Ignacio González Rodríguez, Manuel Santos Díaz, Rafael Salvadores Ramos, TurGalicia, Deputación da Coruña, Café Bar L.B., Oscar e Amadeo, Colectivo Taraio, A.C. Lumieira, Asociación Neria, irmáns Mariño, Ernesto Insua, Departamento de cultura de Cabana, Concello de Ponteceso, Asociación de Palilleiras de Camariñas, Concello de Camariñas, Maria Becerra, Silvia Agilda, Belén Méndez, Concello de Fisterra, Rosa Maria Rial Lema, José Elías, David Rei, Fernando Cabeza Quiles, Xurxo Borrazás, Xosé Manuel Varela, Fundación para o Desenvolvemento Comarcal de Bergantiños, Zapateria Rodríguez, Fotos Rojo, Radio Neria.  
  

E como non, o noso agradecemento a:  

o aire que respiramos, as parrochas de Malpica, as sardiñas secas de Fisterra, as patacas de Coristanco, o mar de Traba, o gato que anda aos paxaros na leira de frente das nosas fiestras, as plantas que nacen, as que nacen e medran, as que medran e dan froito, os xílgaros, os peizoques, as maceiras, os pinos, o Monte Neme, as nosas deusas e deuses (aínda espertos no Olimpo Celta e nos rios e nos tronos e en todo), a nosa fala, a nosa historia, o noso país todo que é o mundo, a Decimo Xuño Bruto por perder a batalla máis importante: o medo, a Terra, a terra, a Auga, a auga, o mar, a mar, o planeta, o universo, o caos, as rabizas, Netscape, Microsoft, Autobuses Finisterre, Autos Carballo, Coca-Cola, Leyma-Cao, axencia espacial rusa, estación MYR,  e a todo ser humano ou ente futuro que virá e nos verá xa transformados en intelixencia pseudo-artificial de última xeración.  
 

Para daquela... os nosos desexos ! 

Para daquela xa teremos Finisterrae 5Dimensións en base 12 e Realidade Hiper-Real máis aló de Saturno. Einstein recoñecerá que leu moito a Spinoza. Stephen Hawking pediralle vez á meiga de Baiñas.  

O mundo bailará muiñeiras e os galegos recrearán a danza hopi da choiva.

A billarda será deporte olímpico con liga interplanetaria.
 
Acabaranse os topónimos e microtopónimos para lle chamar a tantas estrelas. Os novos espacios xa recibirán os seus nomes por composición morfolóxica artificial. Na primeira xeira, sobre base léxica patrimonial galaica e superestrato yanomami, bereber e cantonés. Admitiranse de xeito excepcional e transitorio antropónimos da etapa medieval, cando o individuo era imaxe de marca.  
  
Nese momento, comezará unha nova etapa. Para daquela xa terá habido redefinicións estratéxicas máis fortes. 

A táctica non sufrirá cambios substanciais. 
 

Dixemos e fixemos.  

Diremos e faremos máis.  

Queda dito, escrito e on-line.  
 

 Volver ao fin
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com