|
 |
|
|
|
FESTA DA NOSA SEÑORA DOS MILAGRES DE CAIÓN
Festa de interés túristico de Galicia
O primeiro domingo anterior ao 8 de setembro celébrase, en Caión (A Laracha) a Romería de Nosa Sra. dos Milagres, que comeza coa procesión trasladando a Imaxe da Virxen ata o seu Santuario. O domingo posterior ao 8 do mesmo mes é cando retorna de novo en procesión ao templo parroquial. Cúmplese así un antigo costume do que hai referencias do ano 1550.
Nesta romaría, que estrea nesta edición o recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia, ademáis dos actos relixiosos e dunha concorrida peregrinación celébranse actividades culturais, sociais e deportivas.
|
|
MAR DE LAXE
Web do proxecto de turismo mariñeiro
O sábado 23 de agosto de 2008 presentouse a páxina web do Proxecto Mardelaxe na Aula do Mar de Laxe ca asistencia de Dna. Fátima Linares Cuerpo, Directora Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, D. Manuel Pan Collazo, xerente da empresa Abertal Net Works, S.L., encargada da realización da páxina, que nos explicou a composición da mesma e D. José Antonio Toja Amado, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Laxe.
O Proxecto "Mar de Laxe" nado na Confraría de Pescadores de Laxe, froito da inquietude do propio sector pesqueiro na busca de alternativas que poidan complementar a actividade pesqueira, pretendendo diminuír o esforzo pesqueiro realizado sobre uns caladoiros que día a día experimentan unha redución considerable das especies capturadas levando a cabo actividades alternativas relacionadas co mundo do turismo.
|
|
XXVIII FESTA DA PATACA
Coristanco, 20 e 21 de setembro de 2008
A Festa da Pataca, que se celebra en Coristanco cada terceiro fin de semana de Setembro, contará como en anos anteriores coa degustación de patacas, a participación dos tractores engalanados, e as esculturas feitas con patacas.
Haberá tamén a Feira Cabalar, onde participan máis de 150 cabaleiros/as e a Feira da Maquinaria Agrícola, onde os expositores amosan as últimas innovacións do campo e a agricultura, ademáis dos concorridos xogos tradicionais como o baile da pataca, o trueiro, apaña de patacas e o tiro da corda.
|
|
RESTAURANTE A CUNCA EN BUÑO
O Restaurante A Cunca situado en Buño, Malpica de Bergantiños é o resultado da modernización das antigas instalacións dunha taberna converténdoo en elegante restaurante.
Presenta unha coidada decoración con elementos da artesanía local e esmerado servizo de cociña tradicional con toques de autor baseada en pescados, mariscos e carnes de primeira calidade e de orixe galego. Unha ampla selección de tapas e racións ademais dunha ampla bodega de viños e licores das máis importantes denominacións españolas.
Visite a súa web onde atopará ademais dunha mostra dos pratos imaxes das súas instalacións.
|
|
"CABO FISTERRA: PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO"
I Concurso Fotográfico
A Asociación de Veciños de Fisterra “Costa da Morte” convoca este concurso fotográfico no que poderá participar calquera fotógrafo profesional ou afeccionado cun máximo de 3 fotografías por persoa que reflexen os diferentes aspectos turísticos do Concello de Fisterra.
O prazo será ata ó 30 de agosto para presentar as fotografías que optarán a 3 premios de 200, 150 e 100€ respectivamente e que se darán a coñecer o 8 de setembro.
As fotografías presentadas formarán parte dunha exposición durante as Festas Patronais en honor á Virxe do Carme e as que resulten premiadas formarán parte do arquivo da asociación.
|
|
FINISTERRAE Nº 4 XA ESTÁ NA RÚA !!
Como xa ocorreu o pasado ano 2007, nestas datas de Semana Santa sae á rúa finisterrae, a edición impresa deste portal web. Como comprobaredes en canto a teñades nas vosas mans, o número 4 é a merecida herdeira do noso número anterior; a revista preséntase a toda cor e ofrece textos tanto en galego como en castelán.
O patrimonio da Costa da Morte é o gran protagonista da publicación: entre outros contidos de interese, atoparedes sendas reportaxes sobre a Ruta dos Faros, un atractivo percorrido polos espazos naturais da zona e, asemade, poderedes coñecer os principais museos cos que contamos. Por outra banda, e como non podía ser menos dada a riqueza ornitolóxica que atesoura a Costa da Morte, nesta ocasión adicamos un espazo ao Congreso de Aves que se celebra en abril en Cabana.
Finalmente, queremos unha vez máis amosar o noso agradecemento a todas as empresas e institucións que colaboraron para que finisterrae saíra á rúa.
|
Hemeroteca: 1997 · 1998 · 1999 · 2000 · 2001 · 2002 · 2003 · 2004 · 2005 · 2006 · 2007 · 2008
|
|


|