Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Casas Rurais
· Albergues e Campismo
· Inmobiliarias

· Restaurantes

· Onde ir de marcha
· Actividade Cultural

· Historia
· Persoeiros
· Naufraxios
· Literatura

· Horario de autobuses
· Mapas

· Na Costa da Morte
· En Galicia

· Xiria
· Fed. Galega de Chave

· Webcam
· Fondos de escritorio
· Protectores de Pantalla

· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Carnota
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Dumbría
· Fisterra
· Laracha
· Laxe
· Malpica
· Mazaricos
· Muxía
· Ponteceso
· Santa Comba
· Vimianzo
· Zas

· Ribeira Sacra
· Louro.org
· Rías Baixas
· Blog de Suso Lista

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
12º Ano - 4ª Epoca - 06/09/2010
     NAUFRAXIOS DE FISTERRA
Fisterra, a Fin do Mundo, olla día e noite o paso de innumerables barcos enfronte das súas costas. O mar de Fisterra, tempestuoso Atlántico, foi cemiterio de naves e homes en decenas de catástrofes marítimas, das que citamos a continuación.



28 Novembro 1596
Vinte baxeis da flota da Armada española, comandada por Martín de Padilla, afundíronse nun violento temporal na entrada da ría de Corcubión, causando 1.706 mortos. O desastre aconteceu oito anos máis tarde e en idénticas circunstancias que o célebre episodio da Armada Invencible, cando os españois marchaban combatir contra Inglaterra.

7 Setembro 1870
O acorazado inglés HMS Captain foise contra o Centolo morrendo 482 persoas. É o maior accidente coñecido na era moderna neste litoral.

25 Agosto 1878
O mercante inglés Bitten naufraga na noite contra o Centolo, falecendo 10 dos 12 tripulantes.

19 Xuño 1882
O cargueiro inglés Sunrise afúndese nos baixos de Fisterra. Un mariñeiro fisterrán e os seus dous fillos de doce anos salvan a 33 mariñeiros cunha barca de remos.

31 Xuño 1903
Colisión a dúas millas do Cabo Fisterra entre o barco sueco Svtpord e o inglés Tang Castle. Tódolos mariñeiros suecos morren atrapados.

1 Xuño 1907
Por mor da brétema, estrélase contra o con da Carraca o cargueiro inglés Denewell, a unha milla da praia do Mar de Fóra.

12 Xuño 1932
Nunhas maniobras militares, o barco da Armada española Blas de Lezo rasca os baixos do Centolo, afundíndose posteriormente.

31 Marzo 1951
Rachan á altura do Cabo Fisterra os cabos do remolcador holandés Hudson, que arrastraba ao buque inglés Ulster Duke. O Ulster Duke destrózase contra o Bufadoiro. Só queda un supervivinte.

5 Decembro 1987
O mercante Casón afúndese na praia do Rostro, cun cargamento de sustancias tóxicas non identificadas. Morren 23 tripulantes intoxicados. Evacúanse as vilas de Fisterra, Corcubión e Cee, con afeccións respiratorias e cutáneas entre os habitantes.


# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.

Contidos relacionados
 



Buscar



· Empresas
· Páxinas Amarelas
· Páxinas Brancas

· Escribe na súa libreta

· Ano 1997
· Ano 1998
· Ano 1999
· Ano 2000
· Ano 2001
· Ano 2002
· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010

PRESTIGE
A Sombra Negra

ESPECIAL DAKAR
Fran Gómez Pallas

MANIFESTO
Parque do Megalitismo

CALENDARIO 2010
Hórreos Costa da Morte




info@finisterrae.com
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©
finisterrae.org