Castellano · English
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Casas Rurais
· Albergues e Campismo
· Inmobiliarias

· Restaurantes

· Onde ir de marcha
· Actividade Cultural

· Historia
· Persoeiros
· Naufraxios
· Literatura

· Horario de autobuses
· Mapas

· Na Costa da Morte
· En Galicia

· Xiria
· Fed. Galega de Chave

· Webcam
· Fondos de escritorio
· Protectores de Pantalla

· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Carnota
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Dumbría
· Fisterra
· Laracha
· Laxe
· Malpica
· Mazaricos
· Muxía
· Ponteceso
· Santa Comba
· Vimianzo
· Zas

· Ribeira Sacra
· Louro.org
· Rías Baixas
· Blog de Suso Lista

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
12º Ano - 4ª Epoca - 01/08/2010
     PONTECESO
Ponteceso xace onde as doces augas do Anllóns mestúranse pracidamente co salgado océano. O arume nobre e atlántico desta terra de rumorosos piñeiros inspirou a Eduardo Pondal e Abente, Bardo de Bergantiños e poeta nacional de Galicia.
Gastronomía e arquitectura popular

Ponteceso é célebre polo seu bó xantar : sonlle pratos reputados as angulas, a lamprea, o percebe de Corme, e a faba, ofrecidas aos visitantes nos seus restaurantes e algunha que outra celebración gastronómica. A vila acolle asemade outras festividades, relixiosas como a Barquiña ou o Carme.

As terras de Ponteceso dan conta dunha abondante e rica arquitectura civil e relixiosa. No tocante á primeira, compre subliñar o Pazo de Amarelle en Nemeño, o lugar do Couto, o Pazo de Pondal, e a nova ponte de 1846, que viu substituir á antiga, como lembra unha doazón do Rei Fernando II en 1175 referíndose ao flumen de Cesso (o río Anllóns recibe un nome diferente dependendo do seu treito : Ceso, Anllóns, Grande e Carballo).

Na arquitectura relixiosa, destacan as igrexas de San Fins de Anllóns e de San Tiso de Cospindo. A igrexa de San Martiño de Cores ten unha porta románica do séc.XII, e a de San Vicencio da Graña conserva algunhas pedras do antigo mosteiro céltigo de Almerezo, fundado por San Rosendo no ano 867.

Berce do Bardo Eduardo Pondal

Eu nacin en agreste soedade,
eu nacin cabo dun agreste outeiro
por ronde o Anllóns con nobre maxestade
camiña ó seu destino derradeiro.
Eu non nacin en vila nin ciudade,
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro.
Eu nacin cabo de pinal espeso,
eu nacin na pequena Ponteceso.


Ponteceso, no máis interior da ría de Laxe e Corme, veu nacer en 1835 ao autor do Hino nacional galego. Licenciado en Medicina, Eduardo Pondal preferiu o camiño das letras ao exercicio da súa carreira profesional. O Bardo de Bergantiños foi, xunto Rosalía e Curros, egrexia figura do Rexurdimento e ilustre poeta da raza, cuxa obra poética constitue un tesouro da literatura galega. A súa casa natal encóntrase á beira do Anllóns, desde onde o poeta recibía inspiración fitando á atlántica natureza e ás súas xentes.

O Monte Branco

Pódense recrear os paseos do sobranceiro Bardo, homenaxeado anualmente no Simposio Pondaliano, camiñando ata as quilométricas dunas do Monte Branco. Este ecosistema de orixinal feitura e beleza continúa ata a recollida praia de Balarés, onde se atopa o peirao para o transporte de wolfram na II Guerra Mundial. O espacio natural do Monte Branco posúe un grande valor ecolóxico por mor da súa riqueza ornitolóxica e piscícola, como refuxio de aves migratorias e como couto de angula, lamprea, reo, salmón e troita.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
A. C. Montebranco >>
Concello de Ponteceso >>

Contidos relacionados
 



Buscar



· Empresas
· Páxinas Amarelas
· Páxinas Brancas

· Escribe na súa libreta

· Ano 1997
· Ano 1998
· Ano 1999
· Ano 2000
· Ano 2001
· Ano 2002
· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Ano 2008
· Ano 2009
· Ano 2010

PRESTIGE
A Sombra Negra

ESPECIAL DAKAR
Fran Gómez Pallas

MANIFESTO
Parque do Megalitismo

CALENDARIO 2010
Hórreos Costa da Morte




info@finisterrae.com
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©
finisterrae.org