|
Peregrino
a Compostela
Paulo
Coelho.
Traducción: Ana Belén Costas Vila, Eva Lozano
Carpente.
Na noite do seu
ritual de iniciación como membro da orde de RAM, o narrador
deste libro comete un erro que delata a súa cobiza e
a súa soberbia. Daquela, o seu mestre desposúeo
da súa condición de mago e anúncialle que
para recuperar a súa espada terá que percorrer
unha estraña ruta medieval que conduce ata Santiago de
Compostela. Neste segundo libro de Paulo Coelho que se traduce
ó galego, o protagonista verdadeiro é o propio
Camiño de Santiago, un itinerario cultural que neste
ano cobra especial importancia no Xacobeo 99.
|