|
Ela,
Maldita alma.
Manuel
Rivas.
Nesta escolma
composta por trece relatos reencontrámonos co escritor
que emocionou a tantos lectores con libros como O
lapis do carpinteiro e ¿Que me queres, amor?,
este último galardoado co Premio Torrente Ballester e
co Premio Nacional de Literatura de 1996.
A mirada de Rivas
sobre a vida, o mundo e os seres humanos segue a distinguirse
por esa distancia compasiva e benhumorada, comprensiva e solidaria
que, sen embargo, non elude nunca a realidade do mal. Ese mal
que xamais triunfa por completo, porque sempre haberá
un paxaro que cante, unha bolboreta que voe ou un neno que diga
a palabra inocente e redentora... En Ela, maldita alma
está o mellor Manuel Rivas
|