Amamos os libros, e ti?
InicioLibreriaLibrosPedidosLigazónsEncargos
 

Unha viaxe á procura do solpor. Do Tambre á fin da terra.
Francisco X. Fernández Naval

Non son moi frecuentes os libros de viaxes en Galicia, e menos aínda nesta comarca. Sen embargo, a editorial viguesa A Nosa Terra prpúxose hai un tempo porlle remegio a esta histórica eiva da prosa galega coa colección as viaxes, pata a que contaron coas senlleiras plumas dalguns dos escritores máis representativos do panorama literario actual.
Do primeiro volume fíxose cargo lois Diéguez, que elaborou unha sentida homenaxe ás almas e ás terras de Lemos. Pero do senundo, tomou as rendas o escritor ourensán Francisco Fernández Naval, que, na contrá do que podería agardarse, non plasmou no papel un percorrido pola súa comarca natal senón polas de Noia, Muros, Mazaricos e Fisterra.
Do Tambre á fin da terra é o título desta coidada obra, feita con agarimo, bo gusto e moita adecación, non so por tarte do autor senón tamén da propia editorial.
Nótase, nas súas páxinas, que Fernández Naval pescudou nas raíces históricas destes munucipios, leu cronistas e portas locais, percorreu os camiños dos antergos, deitouse silandeiro e cheo de respeto coa orella pegada ás pedras marmuriantes do pasado e, claro está, durmiu é intemperie, rodeado polos corvos salvaxes do Xallas de Eduardo Pondal, nalgunhas das máis fermosas paraxes da zona, coma o mítico monte Moa do Pindo (Carnota).
Dende alí, tal como o propio escritor ourensán relata na súa obra, "asintín a un dos máis fermosos menceres que pode imaxinar i home, vendo como o sol alumeaba coa primeira luz as terras altas, a Uroa, o horizonte do mar na lonxanía, quedando no centro un espacio de sombras polas que regresaban ós caboucos todos os seres das lendas e dos soños.

    

Volver

 
 Librería Libros Pedidos Ligazóns Encargos 
 
trazos@finisterrae.com
 

 
ISBN: 84-89976-13-9
P.V.P. 2.500 Ptas.

 MERCAR