|
O Alquimista
Paulo
Coelho.
O
Alquimista relata a viaxe iniciática de Santiago,
un mozo que deixa as súas ovellas para internarse no
deserto en procura das Pirámides. Cunha linguaxe sinxela,
Coelho vai construíndo unha fábula transparente
sobre o ser humano e o fascinante camiño que debe percorrer.
Moitas veces comparada con O principiño,
esta novela conseguiu cativar a millóns de lectores de
todo o mundo, se cadra pola súa sinxela e inspirada proposta
dun modelo individual de busca espiritual, un camiño para
atopar o sentido da vida desde a propia experiencia persoal.
|