|
Non
volvas
Suso de Toro
Da man do xenial
escritor viaxaremos cara atrás, á raíz
dos nosos días, á nosa Historia colectiva oculta
e á historia persoal dunha xinea de mulleres.
Suso de Toro é
unha das máis importantes figuras da narrativa galega
contemporánea. Cada un dos seus libros é seguido
por milleiros de lectores e lectoras que avalan unha obra orixinal
e radicalmente comprometida coa contemporaneidade. Suso de Toro
é autor dos libros de relatos Caixón desastre
(1983), Polaroid (1986) e Círculo (1998), e das novelas
Land Rover (1988), Ambulancia (1990), Tic-Tac (1993) Premio
da Crítica Española, A sombra cazadora (1994),
Conta saldada (1996) e Calzados Lola (1997) Premio Colaborador
Amor, da obra de teatro Unha rosa é unha rosa (1997)
e dun libro de conversas Camilo Nogueira e outras voces (1991).
Colaborador habitual en prensa, volumes de cine e televisión,
a súa obra ensaística está recollida nos
volumes sombras e outros textos e Parado na tormenta.
A nova e agardada
novela de sombras de Toro, despois da grande acollida de Calzados
Lola, Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona
a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve
ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa
infancia onde súa nai lle pediu que non volvese. Fóra
da súa vida e fóra do tempo pisa con paso fantasmal
un lugar de sombras, unha aldea maldita, para desvelar os misterios
da súa orixe. A xustiza pola man. Camiños dun
territorio que só existe no tempo do soño, do
pesadelo; como corazón, como Yoknapatawpha, como corazón.
Unha viaxe cara
atrás, á raíz dos nosos días, á
nosa Historia colectiva oculta e á historia persoal dunha
xinea de mulleres construídas a poder dunha linguaxe
literaria que quere atrapar o tempo íntimo e o tempo
épico. E que nos arrastra coa protagonista nunha viaxe
ao fondo do noso co-razón e da nosa memoria.
Volver
|