Amamos os libros, e ti?
InicioLibreriaTendaPedidosLigazónsEncargos
 
Portada  Galicia Enteira.  GALICIA ENTEIRA (Fisterra e Costa da Morte) 
Xosé Luis Laredo Verdejo 
 

 
  Neste primeiro volume de Galicia Enteira percorrerémo-lo litoral noroeste de Galicia, coñecido tradicionalmente como Costa da Morte, e as terras do interior próximas a ela. A estrada C-552 da Coruña a Fisterra vainos servir de eixo para írmonos achegando ás rías e ós portos que configuran este orixinal e atractivo segmento de costa galega. Describiremos, xa que logo, en primeiro lugar, a rota da Coruña a Fisterra e poñeremos, a continuación, os principais desvíos que faremos, dende a devandita estrada cara á costa. 

  Antes de inicia-la marcha indicaremos sucintamente algunhas características das comarcas que imos atravesar. En primerio lugar, e a pouco de sairmos da Coruña, entramos na Terra de Bergantiños, comarca natural que abrangue os municipios de Carballo, Coristanco, Laracha, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, a parroquia de Anxeriz do concello de Tordoia, e máis algunhas parroquias do municipio de Arteixo (Sorrizo, Monteagudo, Charracín, Barrañán, Lañas, Armentón e Lariño). 
 
 A Terra de Soneira, ou O Val de Vimianzo, articulados ámbolos dous nunha mesma unidade xeográfica, ocupa case toda a cunca do río Grande do Porto, fóra do seu último tramo, que entra dentro da influencia da ría de Camariñas e Muxía. 
 
 Fisterra é a terra máis occidental de Galicia e do territorio español peninsular. Tres puntas disputan o privilexio de se-la auténtica fin da terra, pero en realidade é o Cabo da Nave o que acada a máxima lonxitude occidental con 9º 18’19’’, superando por pouco ó cabo Touriñán e ó mesmo cabo Fisterra. A bisbarra de Fisterra está formada polos concellos de Fisterra e Corcubión, cunha parte dos de Muxía. 

 Inicio Librería Libros Pedidos Ligazóns Encargos
   
trazos@finisterrae.com
 
 
Falar do peso da historia e da cultura, de paisaxes frondosas e ríos caudalosos é falar de Galicia. Neste finisterrae, o viaxeiro atopará praias infinitas, xenerosos acantilados, fragas verdes dos rios, onde as novas sensacións afloran xenerosamente e  obríganos a sumerxernos e empaparnos do ser dun pobo que, aínda hoxe, conserva puras as súas raíces máis profundas.
 
 
 
***
 
 
Recorde que na nosa librería pode encargar calquera tipo de guía que desexe