|
Sempre
en Galiza
Afonso Daniel Rodríguez
Castelao
A importancia de Sempre en Galiza na evolución
do pensamento político galeguista convirtiuna xa nunha
obra imprescindible para cálquera galego dos nosos días.
Publicada en Buenos Aires en 1944, durante moitos anos estivo
prohibida a súa difusión no noso país,
o que sen embargo non impediu que chegase a ser un dos libros
galegos máis vendidos de tódolos tempos.
Pese ó ser valor histórico e ó seu significado
político, esta é a primeira vez que Sempre
en Galiza se edita na patria de Castelao. En 1964 apareceran
xa nesta mesma editorial arredor de trinta páxinas que
figuraban nunha escolma da súa obra. Intencionadamente,
aquela antoloxía chamouse Escolma posible, en
parte porque publicar o Castelao que entón se quería
era verdadeiramente imposible.
Facémolo hoxe, conscientes de que deste xeito pagamos
unha débeda que Galicia tiña con Castelao. Agora
que xa é posible, Sempre en Galiza volve á
súa terra de orixe, que é a terra que despertou
o amor que inspirou estas páxinas.Nelas está perfectamente
resumido e actualizado o credo que profesaron aqueles ilustres
galeguistas que puxeron as bases do renacer da Galicia contemporánea.
Volver
|