|
Colabora con José Quintela!!
|
|
|
Axuda a este xove de Carnota con leucemia. A familia do xove José Quintela Figueira, de 23 anos, natural de Carnota e afincado en Estados Unidos, iniciou unha campaña para recudar fondos para sufragar os costes dun transplante de médula ao que debe ser sometido para poder superar a leucemia que actualmete padece. O custo da operación pode oscilar entre 60 e 100 millóns de pesetas (360.000 e 601.00 euros), importe que a familia non pode afrontar. Por elo solicita a colaboración de todos os ciudadáns que desexen apoialos 'porque non queremos arroxa-la toalla, e estamos dispostos a loitar ata o final polo noso neto'. Con tal
fin abriron sendas contas bancarias nas entidades Ademáis, coa idea de facer chegar a sua petición de colaboración ao maior número de poboación posible, a familia distribuíu carteis polas comarcas de Muros, Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, entre outras. José Manuel Quintela emigrou aos dous anos, cos seus pais e o seu irmá xemelgo ao estado norteamericano de New Jersey, onde reside desde entón. Alí cursou con brilantez os seus estudios de Psicoloxía e Maxisterio, e traballou uns meses como profesor interino nun instituto, antes de encontrar un traballo de psicólogo, a sua verdadeira vocación, a cal puido exercer tan só duas semanas, antes de que fora diagnosticada, o pasado mes de marzo, a leucemia que padece. Segundo explicou a sua aboa, Basilia Figueira, 'como traballara pouco, o seguro médico que tiña só se fixo cargo durante tres meses dos gastos que tivo, e despois dixéronlle que xa non se facían cargo de máis, polo que nos atopamos nesta situación'. O xove, que xa foi sometido a sesións de quimioterapia, está actualmente ingresado nun hospital 'e dixéronnos que a única solución era o transplante de médula'. PARA
CALQUERA COMUNICACIÓN PODE POÑERSE EN CONTACTO CON |