| INGREDENTES :
1 quilo de patacas
Sal
Auga
Partir as patacas en dous anacos, salgalas
e colocalas nun recipente de barro enchido de auga ata a metade.
Tapar e ferver.
Ao estaren medio cocidas as patacas, escúrreselles
a auga e métense no forno ata que tornen tenras.
Os cachelos pódense acompañar
preferentemente con sardiñas :
Limpar as sardiñas e quitarlle a cabeza
(previamente salgadas con sal gordo). As sardiñas métense
na auga dos cachelos cando comeza a ferver.
OUTRA VARIANTE DOS CACHELOS :
Ingredentes :
1 quilo de patacas
1 folla loureiro
Sal
Auga
Cocer as patacas con tona en auga con sal e
loureiro.
Unha vez cocidas, hanse escurrir e lles tirar
a tona en quente.
Servir con peixe fritido. |