XVIII FESTA DA PATACA
 
PROGRAMA DE ACTOS                                20 de Setembro de 1998
 
09:00  
Haberá dianas e alboradas. E tamén comezará a concentración de tractores engalanados na rúa da pataca. 

10:00  
Os grupos de baile e de gaitas das AGRUPACIÓNS DO CONCELLO realizarán pasarrúas e desfilarán as MAJORETTES DO TEMPLE. 

11:00  
Divertirémonos co percorrido polas rúas da charanga N.B.A. e Comparsa de cabezudos. 

11:30 
Os tractores engalanados comezarán o seu percorrido. 

12: 00  
Saúdo do Alcalde a todos os asistentes e ás autoridades en xeral. 

12:30  
Misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Bergantiños 

13:15  
Pregón a cargo do Consellerio de Agricultura da Xunta de Galicia Excmo. Conselleiro de Agricultura da Xunta de Galicia D. Castor Gago Álvarez. 

13:30 
Sardiñas, pan, viño e cachelos. 

Actuación de Gaitas e Bailes Tradicionais das distintas Agrupacións Culturais. 

14:00  
Entrega dos Premios dos diferentes concursos. 
Sorteo de 3.000 litros de gasoil entre os participantes do concurso de tractores engalanados. 

16:00  
Concurso "Baile da pataca" coa Charanga N.B.A. e con premios de 12.000, 8.000, 6.000, 4.000 e 2.000 ptas. 

16:30 
Concurso da mazá con premios de 12.000, 8.000, 6.000, 4.000 e 2.000 ptas. 

17:00 
CONCURSO DE CABALOS 
Con premios ás distintas categorías: cabalos de tiro, eguas cruzadas, cabalos cruzados, cabalos pura raza española, concurso de arrastre e concurso de doma vaqueira. 

21:00 
Actuación da Charanga N.B.A. na  praza do Concello. 

22:00  
Gran verbena a cargo da Orquestra EUROPA SHOW. 

23:30  
Fogos de artificio 

00:00 
Orquestra EUROPA SHOW.

 
 TRACTORES ENGALANADOS
 
Os premios serán de 100.000, 75.000, 50.000, 25.000, 15.000 e 10.000 ptas respectivamente. 
 
 
PRODUCTOS DO CAMPO
 
Os concursos deste campo serán galardoados con 15.000, 10.000 e 5.000 ptas. respectivamente 
 
 
CONCURSO GASTRONOMICO
 
Premiaranse da seguinte maneira os pratos realizados con patacas 25.000, 20.000, 15.000 e 10.000 ptas. respectivamente. 

A mellor presentación 
10.000 ptas. 
 

 
FIGURAS CON PATACAS
 
A creación das mellores figuras con patacas premiarase con 10.000 e 5.000 ptas. respectivamente 
 
 
 
Breve historia da pataca | A pataca en Galicia | A pataca en Bergantiños |
Pataca en Coristanco | A Festa da Pataca