MERCADO DE FUTUROS
O mercado de futuros
é un mercado no que se negocian distintos productos, sendo unha
negociación presente, a un prezo presente, pero sobre produccións
futuras. É dicir, áchase un prezo medio diario, en función
das transaccións realizadas neste mercado.
Por exemplo: Se temos
a información de que no día 3 de outono está a cotización
da pataca ao 28 de abril, a 60 pesetas, isto quere dicir que hoxe se ofertou
mercar a producción do ano que vén, o 28 de abril a un prezo
medio de 60 pesetas.
Un exemplo de mercado
de futuros son as tradicionais romerias, onde se puxa por levar a función
do santo a un ano vista. Márcase un prezo este ano que será
aínda válido para o ano seguinte e quen máis puxe
será quen leve a ceremonia. Se o valor de libras de cera co
que se adquiriu a función fose variable e puxable de novo cada domingo
á volta da misa, teriamos xa o ciclo do mercado de futuros tal e
como se coñece agora:
1.- O prezo para un producto
do futuro (a romeria da Santo Antonio de fin de maio, por exemplo) é
marcado con un ano de antelación (o mesmo dia do santo márcase
o prezo de ter a función para o ano que vén)
2.- revéndese periodicamente
(cada feirón, por exemplo) co que o seu valor de cambio (neste
caso en libras de cera, que a dia de hoxe teñen un valor de 1 peso
por libra) oscila segundo a demanda.
Para coñecer o prezo da pataca en mercados de futuros
envia un mail a: pataca@finisterrae.com
|
|