Viaxes Alén

conhezanos mellor
5º Ano - 3ª Epoca - Nº 205 - 15/02/2002

reservas
O 1º Buscador da Costa da Morte:
· Guía
· Lugares
· Natureza
· Axenda
· Onde ir?
· Turismo
· Hoteis
· Turismo Rural
· Campings
· Restaurantes
· A movida
· Mapas
· En Europa
· En Galicia
· Como chegar?
· O tempo
· En Fisterra
· En Galicia
· Especiais
· Asesoría
· Olería de Buño
· Opinión
· AdianteSoneira
· Camiño Santiago
Liga da Costa Futbol e +
Xiria Xadrez Xadrez
Xiria Balonmán Balonmán
· Cultura
· Historia
· Batallón Literario
· Eventos
· Simposio Pondal
· Carballeira Zas
· Noite Celta
· Noite Rock
· Montebranco
· Festas
· Mostra da Oleria
· Xunqueira
· Carballeira
· Tenda
Todos os libros sobre a Costa da Morte, venta on-line.
Merque fotos da Costa da Morte
· Obradoiro
· Venta de Pisos
· Maquinaria
· Musical JR
· Tenda do Encaixe
· Tenda de Marilá
· Zapatos a medida
· Viaxes Alén
· Pintura
· Concellos
· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Carnota
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Fisterra
· Laracha
· Laxe
· Malpica
· Mazaricos
· Muxía
· Ponteceso
· Versións
· English
· Castellano
RECOMENDAMOS
· Louro.org

Tes algo que decir, estamos esperando !!!

DOLMEN OU PIÑEIRO, ÉCHE AÍ A CUESTIÓN.

O dolmen de Pedra Cuberta, en Vimianzo, está en perigo de derrube por mor das raíces dun piñeiro.

Información ofrecida por: WEB COSTA DA MORTE.

Xa en 1998 o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Fábregas, que dirixía un estudio sobre pintura megalítica na zona, informaba a Patrimonio do perigo de derrube deste monumento megalítico pois presentaba unha visible fenda nunha das paredes do corredor.

Dous anos máis tarde, en xullo de 2.000, o restaurador Fernando Carrera, membro do equipo de investigación sobre pinturas megalíticas, informaba novamente do mal estado do monumento explicando que a causa era a presión exercida polas raíces dun piñeiro sobre a cuberta, que á súa vez se transmitía á primeira lousa do corredor, abríndose así a fenda na superficie da pedra.

Fernando Carrera insistiu xa nese momento na necesidade de que as autoridades competentes falaran cos propietarios do terreo para salvar o monumento.

Tres anos despois do primeiro escrito, o profesor Fábregas volve a requirir de Patrimonio a urxente intervención en Pedra Cuberta.

Ó coñecer a nova, tanto os propietarios dos terreos como dende o Concello de Viminanzo manifestaron que non terían problema en cortar o piñeiro que tanto ameaza o dolmen; pero esperan a supervisión da Dirección Xeral de Patrimonio.

Pola súa parte, dende a Xunta responsabilizan ós concellos da conservación dos dolmens, cando a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia di que a Xunta ten competencia exclusiva sobre o patrimonio, coa colaboración de concellos e propietarios, que tamén son responsables da súa conservación.

Unha historia de raíces, que coma nun drama de Shakespeare, chama a decidir entre un monumento megalítico de máis de 6.000 anos de antigüidade e un piñeiro que, alleo a tan tráxico destino, non tivo mellor ocorrencia que ir nacer perto do dolmen.

Ser ou non ser, éche aí a cuestión.



LSSI

A polémica LSSI (Lei de Servicios da Sociedade da Información e Comercio Electrónico) foi finalmente aprobada en Consello de Ministros o 8-2-2002.
Para coñecer a lei e as suas posibles repercusións recomendamos o especial que kriptopolis adica a este tema.

 

NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

 

   

 


visite os nosos anunciantes

Entre

CONSIGUE O TEU E-MAIL DA COSTA DA MORTE

Desde Finisterrae.com queremos ofrecerche a posibilidade de ter a túa conta de correo con nós.

SOLICITAO XA

A ENSEADA DE INSUA "VARADA"

A inversión millonaria que Costas fixo na enseada de Insua para o seu dragado e permitir así o fácil acceso a barcos e mariscadoras non mellorou moito a situación. Os barcos seguen a ter un difícil acceso ós tres estaleiros que sobreviven na zona, ós que se lles acumula agora o traballo debido ó paro biolóxico.

VÉNDESE PAZO.

Están á venda en internet dous dos pazos mellor conservados da Costa da Morte: O Castelo do Príncipe, ubicado na Ameixenda (Cee) e o Pazo de Vilardefrancos, en Carballo. Cada un cos seus respectivos anexos e terreos.
O primeiro polo módico precio de 3.606.072,63 €, e o segundo por 1.893.188,13 €.

Puxen, puxen....

A SGAE E O AUTOR DOS DEREITOS.

Na nosa seccion de opinión publicamos a nota de prensa enviada por muzikalia.com despois de ter que pechar dúas das súas seccións ó esixirlle a SGAE dereitos de autor, aínda tendo permiso dos propios autores.
Unha interesante referencia sobre esta polémica.

+ información

VÉNDESE
PISO.

Véndese piso na praia de Quenxe (Corcubión).

+ información

+

Estos son os anunciantes da revista turística FINISTERRAE

Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares · Natureza · Lecer · Historia · Onde ir? · Tenda · Novas

Feito da man de Abertal
Información : info@finisterrae.com