BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 14/08/2020
Actualidade
20-05-1998

O traballo da milleira coincide con numerosas romarías nas que os fieis demandan ou agradecen remedio para os males

O BO TEMPO NA COSTA DA MORTE

Co bo tempo acábase a milleira e aínda se prantan as patacas máis tardías, cando algunhas xa están para arrendar. A causa destas coincidencias foi a tardanza dos días soleados e longos que se fixeron esperar ata ben entrado maio. Esta circunstancia de chover tanto, que non debe alarmar a ninguén, obriga aos labradores a traballar contra reloxio e nunca mellor dito " de sol a sol ". A todo esto hai que sumarlle os días santos que os nosos labregos aínda respetan devotamente, non facendo traballo de labrar na terra, e aproveitándoos igual para actividades de diario. Son estes días de fe, os poucos, por non decir únicos, nos que non se traballa, como ben fixo un grande número de xente para dirixirse a Montetorán "onde tódo-los tolos van", esta típica romeria de Bamiro, no Concello de Vimianzo ten un aumento de feligreses nestes últimos anos, debido a que vai moi ben para o estrés. Tamén coincide nestas datas a romeria de Sta. Ana, no lugar da Rabadeira, Concello de Coristanco, na cal se pide que mulleres e vacas teñan leite para as suas crianzas. Tamén está a vir a festa da Saleta, na que a imaxe da virxe -que leva o pelo de unha doncela do lugar- percorre os camiños da parroquia mentres as estradas e as casas (algun tempo tamén o adro) se enchen de herbas e flores (caraveles das silveiras, espadanas, fiuncho, buxo, rosas dos arrós...) para as boas cousas que queiran.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca