BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
27-11-2014

"Ruta das Tapas Como Outono" en Camariñas

Dentro da campaña de incentivación ao consumo 2014 "Merca no teu concello, merca en Camariñas", este 29 de novembro ponse en marcha a Ruta das Tapas "Como outono".

Esta ruta desenvolverase os sábados 29 de novembro, 6 e 13 de decembro en varios bares, restaurantes e cafeterías do municipio. Estes establecementos ofrecerán á súa clientela, xunto coa bebida, unha tapa realizada con calquera dos produtos que poden mercarse nas tendas ou no mercado de Camariñas.

Tamén se organiza un concurso de fotos en redes sociais con imaxes das tapas que se degusten nos establecementos adheridos.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca