BUSCADOR






22º Ano - 5ª Época - 18/12/2018
Actualidade
16-07-2014

XVI Rapa das Bestas de Vimianzo

XVI Rapa das Bestas de Vimianzo

A rapa das bestas de Vimianzo terá lugar este ano o 19 e 20 de xullo no curro da Areosa.

Despois duns anos sen cabalos no monte, esta edición contará coa participación de preto de 100 animais aos que os aloitadores lles cortarán as crins no curro. 

O programa é:

Sábado 19:

  • 9.00h. Baixada das bestas bravas polo monte
  • 11.00h. Mostra de gando acompañada dunha pulpeira
  • 18.00h. Ruta a cabalo polo val de Vimianzo, amenizada por gaiteiros e unha charanga
  • 20.00h. Exhibición de doma clásica
  • 21.00h. Chourizos ao viño e mexillóns
  • 22.00h. Paso das bestas ao curro, velada amenizada por un grupo musical
Domingo 20:
  •  11.00h. Paso das bestas ao curro e sesión vermú amenizada por un grupo musical
  • 14.00h. Xantar tradicional
  • 17.30h. Rapa das bestas e xogos para os máis cativos
  • 20.30h. Sorteo dun becerro

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca