BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/11/2017
Actualidade
19-11-2013

Magosto 2013 e III edición da Mostra de Artesanía Local

Cartel Magosto 2013 e III edición da Mostra de Artesanía Local


O Departamento de Cultura de Laxe encóntrase ultimando a organización e celebración do Magosto 2013 e a III edición da Mostra de Artesanía Local que terá lugar o próximo domingo 24 de novembro a partir das 17.30 horas no pavillón polideportivo municipal de Laxe. Durante dúas horas e media, o pavillón polideportivo  vai ser o espazo elexido para crear unha festa tradicional na que haberá: artesanía, castañas e cantina de balde para todos/as, música, xogos tradicionais e talleres para os máis pequenos e pequenas e é probable que haxa outras sorpresas.

Haberá postos de artesanía. Toda persoa que queira participar, expoñer os seus traballos artesanais e darse a coñecer que se dediquen á artesanía, ás manualidades, comercios e autónomos que traballen con produtos artesanais, poderán inscribirse telefonicamente: 981 70 69 71 o vía email: cultura@concellodelaxe.com. O prazo finaliza o mércores 20 de novembro.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca