BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
16-09-2013

Obradoiro de emprendemento rural en Baio (Zas)

Obradoiro de emprendemento rural en Baio (Zas)

Os días 2 e 3 de outubro de 2013, vaise celebrar un obradoiro formativo dentro do programa “De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio”, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

O obxectivo deste proxecto é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade económica, social e medioambiental, cooperación e soberanía alimentaria.

Está organizado pola Asociación A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, coa colaboración do GDR Costa da Morte e a do Concello de Zas. 

  • DURACIÓN: 10h de duración
  • DÍAS 2 e 3 DE OUTUBRO DE 2013
  • HORARIO: de 16:00h a 21:00h
  • LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL DE BAIO (ZAS)
  • PRAZAS LIMITADAS: 25 persoas menores de 40 anos.
  • INSCRICIÓN GRATUÍTA aquí

CONTIDO TEÓRICO:    
  • A soberanía alimentaria como alternativa                
  • A agroecoloxía e a produción ecolóxica                
  • Os recursos endóxenos como fonte de autoemprego  
CONTIDO PRÁCTICO:                
  • Experiencias agroecolóxicas reais                
  • Dinámicas de xeración de ideas de autoemprego                
  • Dinámicas de cooperación  
Para máis información: 982 230 211 – 698 161 760 www.covadaterra.org

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca