BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Actualidade
03-09-2013

Festas dos Milagres de Caión

Festas dos Milagres de Caión

No comezo do mes de setembro Caión(A Laracha) celebra a Romería da Nosa Señora dos Milagres, unha celebración de carácter relixioso e festivo.

A imaxe da Nosa Señora dos Milagres trasladouse en procesión dende a igrexa parroquial ata o santuario dos Milagres, o domingo día 1 de setembro dando comezo a estas festas. 

Desde ese día e ata o 8 de setembro, día dos Milagres, milleiros de devotos achegaranse a esta localidade para render homenaxe á Virxe.

Estes días festivos completaranse coa verbena que terá lugar os días 5, 6, 7 e 8 coa actuación do grupo Os Revenidos e a discoteca móvil, e as orquestras Ciclón, Combo Dominicano e Ceniza. 

O venres 6 será o día adicado aos máis pequenos cun tren turístico e as instalacións de Infantilandia.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca