BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Actualidade
14-08-2013

Praza dos Libros

Praza dos Libros Carballo

Concertos, actuacións e presentacións literarias terán lugar no Xardín Municipal de Carballo entre os días 22 e 25 de agosto.

A Praza dos Libros conta este ano con dous dos autores de maior proxección e recoñecemento da literatura galega Manolo Rivas e Neira Vilas, e tamén con dúas das cantantes máis internacionais e de maior proxección da música galega: Mercedes Peón e Uxía. Tamén pasarán pola feira a cantante galega-palestina Najla Shami, con María Canosa, Beatriz Fraga, Xosé Pumar, etc. 

Terán presenza na feira sete librerías cos seus correspondentes stands: Brañas, Trasgo e Ler (de Carballo), Roget (de Vimianzo), Pedreira (de Santiago), Á lus do Candil (de Arteixo) e A Tenda dos Libros (de Ponteceso). O horario de apertura é de 11.00 a 14.00 horas polas mañás e de 17.30 a 21.30 horas polas tardes.

As actividades infantís serán as protagonistas paralelas con contos e animación da Ciclobiblioteca (xoves e domingo pola mañá), espectáculos de historias e música de compañías como Migallas Teatro (xoves 22 ás 18.30 horas), Fantoches Baj (venres 23 ás 19.00 horas) ou Larraitz (sábado 24 ás 18.30 horas), ou presentacións, como "O rei portador e outras historias", de Beatriz Fraga (sábado 24 ás 12.30 horas), ou "Rosalía pequeniña" como peche da Praza coa cantante Uxía (domingo 25 ás 20.00 horas).

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca