BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Actualidade
19-07-2013

XXX Mostra da olería de Buño

XXX Mostra da olería de Buño

Durante 10 días, do 2 ao 11 de agosto, Buño celebrará a súa XXX edición da Mostra da Olería.

Haberá exposicións de carteis e pintura, obradoiro de barro para nenos e música e danza tradicional, animación de rúa e novo circo, tódolos días a partir das 19:00 h na Casa do Oleiro. 

Na carpa situaranse os stands de venda dos oleiros participanes e tamén contará con exhibicións de oleiros no torno todos os días de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h. 

Como noutras edicións farase unha cocedura no Forno do Forte, que se comezará o sábado 3 de agosto coa carga e prendido do forno, día no que se celebrará tamén a Festa da Carroa coa actuación musical do grupo folk Fol de Veneno.
O domingo 4 procederase á descarga do forno. 

As actividades que se levan a cabo estes días en Buño van dende cursos de modelado e xogos para nenos, exhibicións de danza e música tradicional, animación de rúa con circo e teatro, pasando polo Trofeo Mostra da Olería de Fútbol, para rematar o día da clausura co sorteo dun lote de pezas da olería de Buño.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca