BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
Actualidade
02-07-2013

Asalto ao castelo de Vimianzo

Asalto ao castelo de Vimianzo

O día do asalto ao castelo de Vimianzo é o sábado 6 de xullo pero xa dende o luns haberá actividades como a Semana Cultural, a VI Ruta de pinchos irmandiños, charanga, concurso de fachadas, cea medieval, concerto folk..

O sábado pola mañá arrincará a III Feira Artesanal con mostra de artesanía en vivo, obradoiros infantís, baile tradicional, e xa pola tarde actividades para os pequenos con clowns, música e o Asaltiño.

Ás 20.30h terá lugar a cea no campo da festa para logo ás 22.30h dar comezo o concerto de Luar na Lubre

A representación teatral do Asalto ao Castelo 2013 comezará ás 00h e lembrará as revoltas irmandiñas acontecidas na comarca. 

Despois seguirá a noite coa música de Sondenadie, La magnifique bande dos homes sen medo, e Residuos Atractivas.

A entrada é de balde e haberá servizo de cociña, zona de acampada e duchas, traxes para alugar ou mercar e un stand Irmandiño na praza do Concello onde atopar comida, bebida, tenda e información

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca