BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Actualidade
01-07-2013

XXI Festa do Percebe do Roncudo

XXI Festa do Percebe do Roncudo

O próximo sábado 13 de xulloo celébrase en Corme (Ponteceso) unha nova edición da Festa do Percebe do Roncudo onde se poderá degustar este apreciado molusco.

O pregón desta XXI edición correrá a cargo da escritora Diana Varela, nada en Corme en 1981 e recén galardoada co premio Estornela de teatro para nenos 2012. Será ás 13h.

O programa da festa empezará ás 12h cunha misa na honra dos percebeiros. Ás 12.15h  poderán empezar a mercarse os tickets nos stands da zona portuaria para poder empezar a degustar o percebe ás 13.15h, despois do pregón.

Ás 14h dará comezo a sesión vermú e ás 15h haberá sesión de Djs. Ademáis a Charanga NBA animará a xornada festiva.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca