BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Actualidade
19-06-2013

Festival PopUp

Festival PopUp

A asociación 13 Lagartos é a organizadora deste festival no que se complementan música e deporte os días 4, 5 e 6 de xullo na praia de Razo.

O xoves 4 e o venres 5 o público pode asistir ás actuacións de Igloo, Disco Mordisco e Anton DJ o primeiro día; e de Grises, Grotèsque e Kill the Hipsters o venres na carpa situada no campo de fútbol de Razo. A entrada é de balde ata o sábado 6, ás 20h que será cando empecen as actuacións de  Lori MeyersDorianEstereotypoThe Warriors, Pull my strings e Faber Estudio 3 DJs para as que o custo da entrada anticipada é de 15 euros.

Volei praia, balonmán na praia ou surf son os deportes cos que se complementa o festival. Para o volei praia e balonmán na praia hai organizados torneos que repartirán 1900 euros en premios. En canto ao surf, as probas disputadas puntuarán para o circuito galego.

Arredor da zona do festival haberá un espazo dispoñible para a acampada e tamén se habilitará unha zona chill out relaxarse e tomar algo.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca